Monday 06 de May de 2024

Á xunta da noite en Naraío


Á xunta da noite tivo lugar en Naraío onte á tardiña, coa actuación das escolas municipais de gaita e pandeireta, o Mago Teto e as cantareiras As mozas das voltas.

O programa prosegue o seu percorrido polas parroquias o próximo venres achegándose a Silvalonga (San Sadurniño). A partir das 20.00h actuarán Circus Magníficus, Isabel Risco, a AC Berros do Castro. O evento está programado ao pé da capela do Santiago e, se chovese, instalaríase unha carpa.

Hai 100 localidades dispoñibles. Tamén haberá un posto para tomar a bo prezo unha consumición ou petiscar algo á hora da cea.

Para asistir fai falla reserva previa chamando ao 616 332 919 ou enviando un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal.